Unha presa de cancións viscerais

Unha presa de cancións viscerais

26 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Sés presentará o seu agardado segundo disco o 7 de xuño cun concerto no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Un día antes sairá á venda Co xenio destrozado, título do novo álbum, é que dende a discográfica Fol Música cualifican como "un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo".

Unha vez máis, María Xosé Silvar volverá ofrecer temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano. Gravado nos estudios Bruar, da Coruña, e producido pola propia Sés, para Co xenio destrozado contou cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo). Xa coñecemos o tema de adianto e que dá título ao disco de Sés. Chámase “Co xenio destrozado”.

Sociedade