Unha rapaza odia a súa vida real

Unha rapaza odia a súa vida real
16 de Febreiro, 2024 - 12:29 h. | Publicada por Radiofusión

Unha rapaza odia a súa vida real. Ten poucas amigas e rinse dela polo aspecto físico. Pero ten outra vida virtual. Os seus compañeiros da escola non saben que é unha gran líder da comunidade virtual.

ESCOITA O PODCAST:

Manuel Bragado recomenda o libro de Paula Carballeira "Wombo Combo":

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/160224BRAGADO.mp3

Fotografia Xan Xe

O último libro de Paula Carballeira, a obra de teatro  “Wombo Combo” aborda a relación co mundo dos vídeo xogos, sen mexericadas pero desde unha perspectiva educativa. Manuel Bragado recoméndao para os últimos cursos da Educación Primaria. “Wombo combo” Un novo libro de Paula Carballeira, publicado por Edicións Xerais de Galicia.

 

Fotografía Xan Xe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora