Unha revisión da Contra Armada

Unha revisión da Contra Armada

07 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“A Contra Armada representa a maior catástrofe naval da historia de Inglaterra” afirma o escritor e historiador Luis Gorrochategui. Segundo as súas palabras, “a flota de Isabel I perdeu en 1589 80 barcos, fronte aos 37 navíos perdidos o ano anterior no intento de Felipe II de invadir a Gran Bretaña, na denominada Armada Invencible de 1588”.

A Coruña rexeita o intento de invasión de Drake en maio de 1589 e a flota inglesa non logra destruir Santander, nen interrumpir a “carreira das Indias”, obxectivos globais da corona inglesa. “Pero, a cidade herculina queda destrozada, e a partir dese momento, Felipe II escolle Ferrol como base naval do Noroeste da Península e de feito neses anos comeza a primeira traza do castelo de San Felipe” salienta Gorrochategui, autor do libro "Contra Armada" e presidente da asociación "Gran Armada".

Sociedade