Unión Fenosa atafega a Guatemala

Unión Fenosa atafega a Guatemala

13 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A situación de Guatemala denunciouse esta mañá en Ferrol. O presidente guatemalteco, Álvaro Arzú, privatiza a distribución eléctrica en favor das multinacionais españolas Iberdrola e Unión Fenosa. Con esta medida, o recibo da luz increméntase notablemente provocando un movemento popular pacífico aglutinado arredor do frente nacional de Lucha por la Defensa de los Servicios P&uac

A presenza de Unión Fenosa en Guatemala convírtese nun problema nacional. Nun país en plena transición democrática e cunha taxa de emprego do 15 %, a empresa eléctrica incrementa os cobros das tarifas argumentando que estaban moi baixas. Así, a Comisión Nacional de Energía facúltalles para engadir no recibo mensual un concepto que disimulan baixo a denominación de Valor Agregado de Distribución (VAD). Este, repórtalles unhas ganancias de 400 millóns de dólares ao ano. Segundo explicou esta mañá en Ferrol o secretario xeral do FNL, Luis Alberto Lara Ballina, ante este panorama presentan un recurso legal ante a Corte de Constitucionalidade, que ditamina a favor dos usuarios.

Coa visita de Luis Lara a Galicia, profundizarase máis na investigación destes sucesos. Comisións Obreiras arroupará a Lara nunha reunión coa Federación de Industria e co comité de empresa de Fenosa en Galicia. A xuntanza celebrarase este mércores pola mañá e pola tarde manterán un encontro coa Federación de Sanidade. Mañá, ás 12, tamén se reunirán cunha representación do Comité de Empresa de Navantia.

Sociedade