Unificación Comunista aspira a transformar o país á maneira do Brasil de Lula

Unificación Comunista aspira a transformar o país á maneira do Brasil de Lula

09 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

“De verdade contra a crise” é o lema co que se presenta ás eleccións xerais Unificación Comunista de España en 52 circunscricións, entre elas as catro provincias galegas. En todas e cada unha delas, a cabeza de lista é muller, unha decisión que foxe de cotas e se adopta para reivindicar que as mulleres seguen a ser discriminadas. Unha delas, a número un da candidatura por Pontevedra, Pastora Fernández, defendeu en Radiofusi&og

A máis sobranceira das propostas que formula Unificación Comunista é a redistribución da riqueza dunha maneira efectiva, fixando un salario mínimo de 1.000 euros e outro máximo de 10.000. Do mesmo xeito, e aplicando unha fiscalidade realmente progresiva conseguiríanse os fondos para en poucos anos poder establecer unha pensión mínima mileurista para todos os cidadáns. Estes propósitos forman parte dun programa que Pastora Fernández resume en tres puntos: a defensa da soberanía nacional para facerlle fronte aos mercados, impedindo que os gobernos sexan os seus “escravos”; a aposta pola democracia, garantindo que os poderes sexan verdadeiramente representativos da cidadanía; e, por enriba de todo, a necesidade da unidade de acción. A candidata da UCE asegura que o seu “non é un programa de máximos comunistas, senón un programa para o Estado do Benestar, socialdemócrata”.  Malia que son varias as formacións comunistas que acoden ao 20-N e existen diferenzas entre elas, agora mesmo non cómpre formar só unha fronte de esquerda, senón unha “fronte ampla” da sociedade, reclama.

Unificación Comunista non conta con obter representación nas Cámaras logo dos comicios, pero comparece nesta convocatoria electoral para facer un chamamento á unión social fronte á crise e comezar a “difundir masivamente” o seu programa cun obxectivo a longo prazo. O exemplo de que hai solucións de goberno alternativas que cómpre ir cociñando devagar, foi o Brasil de Lula, afirma Pastora Fernández.

Institucional