Uxía achega a Fene á Rosalía pequeniña

Uxía achega a Fene á Rosalía pequeniña

04 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A compositora e cantante, Uxía, acompañada de Sérgio Tannus, dará un concerto na casa da Cultura de Fene o xoves 19 de setembro, a partir das 8 da tarde. Achegaránse á obra de Rosalía de Castro no 150 aniversario de Cantares Gallegos. A ritmo de muiñeira, blues ou rock, actuarán para os nenos e as nenas de Fene nun concerto que se intúe divertido.

Rosalía Pequeniña é o libro-disco, editado por Galaxia, do que nacen os concertos en directo de UXÍA no FalaRedes promovido pola Secretaría Xeral de Política Linguística e ao que está adscrito o concello de Fene.

Sociedade