Uxía Vaello e Borja Fernández apostaron polos recordos e o cartón na súa nova montaxe

Uxía Vaello e Borja Fernández apostaron polos recordos e o cartón na súa nova montaxe

29 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A Sala Nasa de Compostela acolle esta noite a estrea da obra de teatro e danza Rewind. Fantasías en 1987. A montaxe xurdiu do maxín de Uxía P. Vaello, directora da peza e vinculada ao eido coreográfico; e de Borja Fernández, intérprete do espectáculo e artista multidisciplinar unido ao mundo teatral e circense. Para c

En Rewind o protagonista recrea un ambiente ficticio que é froito da transformación dos seus recordos da infancia, da distorsión da realidade, da vontade de ter nacido no afastado oeste, ser fillo dunha estrela do country e ter sido un auténtico cowboy de Salcedo. Tendo en conta esta visión, a música do espectáculo aposta tamén polo xénero western e country e os seus responsables son as bandas viguesas Es un Árbol (na que actúa Borja Fernández) e Cro! Esta última formación actuará esta noite trala exhibicón de Rewind. Fantasías en 1987.

Unha montaxe experimental, de tan só 35 minutos, que se converte no segundo traballo conxunto de Uxía P. Vaello e Jorge Fernández. Ambos artistas comezaron a súa colaboración con Play (2008), traballo apoiado polo Centro Coreográfico Galego e estreado no programa Box Nova do Centro Cultural de Belem (Lisboa).

Uxía P. Vaello asegurou en Radiofusión que agardan poder presentar o espectáculo en moi variados espazos como a rúa ou os museos, respondendo así ao carácter experimental do mesmo.

Cultura