Vémonos as máscaras

Vémonos as máscaras
14 de Agosto, 2020 - 11:13 h. | Publicada por Radio Fene

“Vémonos as máscaras no Guión Club esta noite” afirma Jetu, o guitarrista do grupo de Pontedeume Bule. Son fanáticos do cine clásico pero ofrecen música alegre e divertida con aires do punk do 77. Presentan un novo EP chamado “Cando nos volvamos ver” gravado en Marín e con portada deseñada por Ben Thomas.

ESCOITA O PODCAST:
Bule presenta "Cando nos volvamos a ver"

O novo traballo de Bule inclue catro temas: Bang,bang, Estrelas do celuloide, Sábdo e Inverno. Despois dun primeiro EP aparecen con este segundo, segundo nos indica o guitarrista do grupo Jetu.Nas cancións de Bule atopamos melodias, coros e diversión. No concerto desta noite en Pontedeume venderán o EP e tamén bolsas e camisolas co deseño realizado para a portada deste traballo.  O concerto de Bule e Tecor Societario comezará ás once e media desta noite na Sala Guión de Pontedeume. A entrada custa oito euros.

Cultura

Publica o teu comentario agora