Vítoria do Perlío, empate do Maniños e derrota do Barallobre

Vítoria do Perlío, empate do Maniños e derrota do Barallobre

07 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

De todo como en botica tivo a primeira xornada de liga na Segunda Autonómica de Ferrolterra. O Perlío gañou no Misael Prieto a un Meirás recén descendido. O Barallobre perdeu no seu feudo do Ramo ante o Valdoviño de Juan Del Río e o Maniños sumou un punto co empate no campo do Narahio. A primeira xornada de liga troúxonos a lesión do xogador do Barallobre Adrián. O rapaz tivo que trasladarse a un centro hospitalario e ten rotura na

O Perlío gañou no Misael Prieto grazas ao tanto de Alberto Fornos nos primeiros minutos da segunda metade. O Meirás non poido empatar o partido e finalmente o equipo de Tito Dopico levouse os tres puntos. A S.D.Barallobre caeu pola mínima no seu campo de O Ramo. O gol da vítoria do Valdoviño tamén chegou na segunda metade e foi obra de Raúl. Corría o minuto 10 deste último periodo. Mentres tanto o Maniños empatou no campo de Narahio a dous tantos. Comezou marcando o equipo de Mahia con goles de Santi López no minuto 16 de partido e de Casteleiro no 30. Posteriormente o Narahio reduce distancias no marcador co tanto de penalti de Toni cando o reloxo marcaba o minuto 37. Con 1 a 2 chegouse ao tempo de descanso. Na segunda metade o xogador local Pablo empatou o partido no minuto 38. Ademáis destes encontros, o Numancia gañou no municipal de Cariño con goles de Pedro e Julio. Polo equipo de Manolo Canto anotou Adrián. O Narón B perdeu ante o Ortigueira por 0 a 2. O San Pablo e o Neda empataron a un tanto no campo de A Gándara e o Capela mais o Somozas B tamén asinaron táboas no vestusto campo de Os Calzados.Na Primeira Autonómica Coruñesa, o noso representante do Eume Deportivo empatou a cero goles no campo do Pinar ante o Vizoño. Mentres tanto na Preferente Norte o Mugardos perdeu no Concello de Padrón, no campo do Souto ante o Flavia por 2 a 0.

Deportes