A V edición do Festival Redondela en Curto amplíase coa proxección de cinco películas e 16 curtametraxes

A V edición do Festival Redondela en Curto amplíase coa proxección de cinco películas e 16 curtametraxes

22 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O director do Festival Fernando Carreira “Cuchi” destaca a calidade xeral dos traballos seleccionados “con curtas que abarcan todos os estilos”. Entre as curiosidades do festival atopamos o título “Turismo” dirixido pola actriz Mercedes Samprieto. A ex presidenta da Academia do Cine ponse detrás da cámara para dirixir unha curta “de autor no formato mási tradicional”.

 

 

Máis minutos

 

A edición deste ano destaca sobre todo pola aposta definitiva que a organización fai polas longametraxes. De feito dentro do apartado “máis minutos” poderanse ver cinco películas, catro das cales chegan asinadas por directores noveles: “O espello” de Alex Sampayo, “Chicos Normais” de Daniel Hernández, “Las dos vidas de Andrés Rabadán” de Ventura Durall e “Manuel y Elisa” de Manuel Fernández Valdés, un documental gañador da última edición do festival do Play-Doc.

 

Tamén este ano unha película dogma dun director máis experimentado “El desenlace” de Juan Pinzas.

 

O obxectivo, segundo explica Carreira “é conseguir longametraxes alleas ao cine comercial e ampliar o festival máis alá da curta”. 

 

 

Cultura