V Marcha a pé en protesta contra a planta de gas de Mugardos

V Marcha a pé en protesta contra a planta de gas de Mugardos

21 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Seguindo o lema de “Planta de gas fora da ría”, o vindeiro venres 22 de xullo, celebrarase a V Marcha a pé dende o concello de Ferrol ata Mugardos.

A saída, prevista para ás cinco da tarde, será dende o Parque Carmelo Leixeiro (Caranza).
Logo de percorrer emprazamentos como Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira, ou os Tanques de Reganosa, rchegarase a Mugardos sobre as nove da noite. O recibimento terá lugar na Praza do Mercado, e alí celebrarase o cuarto aniversario do peche da Veciñanza de Mehá. Haberá para o festexo chourizos, liscos bebida e música.

Sociedade