V Sardiñada de Intermón Oxfam no Campo de Marte da Coruña

V Sardiñada de Intermón Oxfam no Campo de Marte da Coruña

20 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Intermón Oxfam organiza a quinta Sardiñada de San Xoán nunha xuntanza que se está a converter nunha parte máis da tradición. Nesta noite solidaria esperan repetir a participación da pasada edición con máis de 1.500 asistentes; xunto a eles, parrilleiros e voluntarios de Intermón Oxfam encherán o Campo de Marte repartindo comida e a bebida e informando do problema que sufre Siria. Na anterior edición ofreceronse 300 kg de

Por 4,5 euros poderanse degustar sardiñas, pan e bebida ou, por 3 euros, empanada ou criollos e bebida, sempre usando pratos, vasos e bolsas compostables que promoven o consumo responsábel e non xeran residuos contaminantes.

Nesta ocasión, os fondos recadados servirán para axudar ás persoas afectadas polo brutal conflito armado que está a suceder en Siria. De novo, agardan contar co compromiso de todos aqueles que fan do San Xoán algo máis que unha tradición.

Sociedade