Valentín Bóveda presenta o libro sobre o seu abó en Ferrol

Valentín Bóveda presenta o libro sobre o seu abó en Ferrol

09 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O neto de Alexandre Bóveda, Valentín García Bóveda intervirá este mércores no Ateneo Ferrolán no acto de presentación do libro de banda deseñada "Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza". No acto tamén participarán o mestre Xosé Lastra Muruais e os autores do volume, Carlos Sardiña e María Xesús Arias. O libro editouse a través do sistema de "Crowfunding" ou

Un pensamento de actualidade

Contra a voracidade dos bancos e a favor dunhas caixas de aforro que revirtan no entorno social o seu beneficio. Por uns impostos progresivos, onde o que máis ten paga máis en beneficio da comunidade. Polo amor á terra que o veu nacer. Por todos eses motivos, sorprende a actualidade e a vixencia do pensamento de Alexandre Bóveda, fusilado en 1936, tras un inxusto Consello de Guerra.


Os textos da licenciada en Xeografía e Historia María Xesús Arias acompañan aos debuxos de Carlos Sardiña arredor da vida e do pensamento de Alexandre Bóveda. Bóveda antes de morrer afirmou:

 

"Só unhas poucas palabras máis para rexeitar o calificativo de traidor á Patria. A miña patria natural é Galicia. Amoa fervorosamente, xamais a traicionaría, inda que me concedesen séculos de vida. Adóroa ata máis alá da miña morte. Se entende o Tribunal que por este amor entrañábel, debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela. Fixen canto puiden por Galicia e faría máis se puidera. Se non podo, ata me gustaría morrer pola miña patria,..."

Sociedade