Valorar o tempo

Valorar o tempo
01 de Xullo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

'Non é ficción' é unha canción que compuxen cando tiña catorce anos e cada ano que pasa vai cobrando máis vixencia”. Así fala Pauliña desta canción que forma parte do seu primeiro traballo titulado ‘De Xeneración’. No programa Sons de Nós conversamos coa artista cambadesa sobre a súa traxectoria musical e o seu salto ao cinema. Aquí podes escoitar a entrevista completa.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Eu sempre me vin moi atada ao traballo e combinaba como podía o meu traballo como camareira e dependenta coa música. O feito de andar de un lado para o outro aportoume moitísima inspiración para compoñer. Sempre levo a idea da música na miña cabeza. Aprendín moito na miña traxectoria tanto musical como laboralmente. Nos veráns tiña a incerteza de si poder dar un concerto ou ter que facer un sábado á noite como camareira. Iso levoume a saber subministrar o tempo e a valorar o tempo”, afirma en Radiofusión a autora de temas como ‘Nais e Avoas’ ou ‘Rexurdimento’.

Na imaxe, Paula Chaves ‘Pauliña’

Fotografía: Pepe Hombre.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora