Vangardas tecnolóxicas

Vangardas tecnolóxicas
19 de Xaneiro, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Ballie é un robot para o fogar deseñado por Samsung que, entre outras cousas, alimenta ás mascotas. PureWash E930 é un bidé intelixente integrado no inodoro que “leva o luxo ao baño, permite axustar temperatura, intensidade e dirección do chorro de auga, e tamén permite contactos de voz, pódeslle falar para que che poña música”. Iago Varela avanzou en Radio Fene as novidades tecnolóxicas presentadas este ano no CES Las Vegas.

ESCOITA O PODCAST:

A intelixencia artificial chegou para quedar. “Por primeira vez en trinta anos, na Feira amosáronse ordenadores que integran unha nova tecla, para dar acceso aos servizos de Intelixencia Artificial, unha mostra de que Microsoft aposta pola IA”, comenta Iago. No CES Las Vegas, unha das tres grandes feiras do sector que se celebran no mundo este ano “falouse moito de computación cuántica, do uso da tecnoloxía na sostibilidade das cidades intelixentes, do uso de enerxías renovables, xogos e deportes electrónicos, criptomoedas, educación e saúde dixital”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora