Veciños de Chapela maniféstanse esta mañá en Santiago contra a ampliación da AP-9

Veciños de Chapela maniféstanse esta mañá en Santiago contra a ampliación da AP-9

02 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Os veciños de Chapela queren que a súa voz se escoite motivo polo que hoxe trasladan ás súas protestas á capital galega onde teñen previsto manifestarse a partir das 10:30 na praza do obradoiro e en San Caetano. Con esta medida queren presionar ao goberno galego para que se pronuncie con claridade sobre o proxecto de ampliación da autoestrada.

Insisten en que a obra de ampliación da vía non servirá para arranxar o problema de tráfico que se produce nas entradas á cidade olívica e prexudicará unha vez máis a unha parroquia xa moi castigada polas infraestructuras.

As nove da mañá partiron autobuses dende Chapela cara a capital galega abertos a aquelas persoas que quixeron engadir a súa voz na protesta.

Sociedade