Venancio Salcines: “Por en dúbida as caixas é lóxico”

Venancio Salcines: “Por en dúbida as caixas é lóxico”

30 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A solución a todos os problemas que se debuxan no horizonte de Novacaixagalicia pasa pola súa unión cun banco, por exemplo o Pastor, que cumpre cos niveis elevados de core capital. “Non sería unha tolemia e iría na mesma liña do que a Generalitat está a traballar co Banco de Sabadell e Catalunya Caixa”. A fórmula achegouna nos micrófonos de Radiofusión o profesor de Mercados Financeiros da Universidade

O mestre de finanzas asegura que, na situación actual, “por en dúbida as caixas é lóxico” e lembra que Novacaixagalicia non é xa o que eran as caixas en 2005: “ten serios problemas”. A Salcines amólalle que se fale de “cambio de regras do xogo” porque asegura que non houbo ningunha mudanza e que os directivos das entidades tiñan claro dende hai meses que se ía chegar a este punto. Arestora cómpre apostar por unha entidade que “dea servizo aos clientes, teña aquí as súas oficinas centrais -polo emprego que iso supón-, e que teña capacidade investidora”, e para iso, hai que pasar pola bancarización, opina. Venancio Salcines que as análises que se están a facer son máis políticas que técnicas e opina que agora o que precisa o sistema é un achegamento “puramente financeiro”. Fronte á opinión da Xunta e das caixas de que os seus datos de morosidade derivada do mercado inmobiliario son bos, o profesor declarou a Radiofusión, que son a demostración dos seus problemas de solvencia.

Sociedade