Verán intenso

Verán intenso
20 de Setembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

O verán é temporada alta tamén nas residencias de animais. E este foi “un verán intenso”, manifestou a Radio Fene Loreto Corral que dirixe a residencia “Cangal” en Santiago e actúa como portavoz da ‘Asociación 3pa’. Esta entidade traballa no rescate, rehabilitación e adopción de cans mal chamados PPPs “Cans Potencialmente Perigosos" en España. 

ESCOITA O PODCAST:

“Entre que a xente cada vez viaxa máis e os propietarios de mascotas están máis concienciados houbo incremento na demanda e tivemos que desbotar algunha solicitude”, sinalou en Loreto no espazo Radio Animal. Ten acollidos varios cans dos declarados potencialmente perigosos. Todos procedentes de canceiras. Sobre as posibilidades de que sexan adoptados, tamén neste caso, hainos máis afortunados e outros con menos posibilidades. Na súa residencia, coidan cans, gatos, coellos e ás veces tamén un canario e un pez.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora