Veráns en Oleiros

Veráns en Oleiros
30 de Maio, 2022 - 12:14 h. | Publicada por Radio Oleiros

En Oleiros, Montrove pasaba os veráns a nena María Casares. Coidabaa Susita, interpretada no podcast "María Casares, eu son do océano" pola actriz Eugenia Sanmartín. María tamén convivia coa tía Candidita, unha muller que permanecía fiel á memoria do seu defunto marido. Era moi cariñosa con María. Contáballe moitos contos antes de durmir.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Coincidindo co centenario do nacemento da nomeada actriz,Son Radiofusión produciu dúas iniciativas que coinciden no interese divulgativo dunha traxectoria de éxito no teatro de Francia e de Europa, dunha muller, nacida en Galicia, a quen o golpe de estado de 1936 obrigou a exiliarse, pero que sempre reivindicou a súa condición de galega. As lembranzas e o exemplo de María Casares nutren ta novela gráfica con texto de Pitusa Arias e ilustracións de Carlos Sardiña. Tamén o podcast con guión de Puri Seixido, banda sonora orixinal de Sofia Oriana Infante e dirección de Eugenia Sanmartín e con participación do actor Rogelio Arias e das actrices Cristina Moreira, Cristina  Mariño, Helga Méndez e Eugenia Sanmartín. O podcast pódese escoitar todos os dias as nove da mañá e ás nove da noite en Radio Fene. Tamén en radiofusion.gal
 

Cultura

Publica o teu comentario agora