As verbenas xeran un negocio de 94 millóns de euros anuais en Galicia

As verbenas xeran un negocio de 94 millóns de euros anuais en Galicia

01 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A industria cultural galega é potencia, non só creativa, senón tamén económica. Factura 1.000 millóns de euros, e emprega nas súas máis de 6.900 empresas a 11.000 traballadores. O seu peso relativo no tecido industrial do país medrou nos dous últimos anos até representar o 3,5 por cento do total, unha tendencia contraria á do conxunto industrial, que mingua por mor da crise. Son os datos máis notables do informe &ldqu

En 2008, o número de empresas propiamente culturais censadas en Galicia era de 2.100, a metade delas dirixidas ao produto gráfico, con cadansúa quinta parte figuraban as do audiovisual e a música, e arredor dun 8 por cento traballaban no sector das artes escénicas. Tanto a súa facturación, como o emprego asociado a elas medrou paseniño nos últimos tempos. Segundo o director da AGADIC, Juan Carlos Fasero, os postos de traballo non están moi consolidados, pero si que se xeran con continuidade.
 
As verbenas son o negocio musical máis próspero: xeran 94 millóns anuais e crean 4.500 empregos. Séguenlles os festivais de música, as rodaxes audiovisuais e o teatro. Con todo, a gran maioría das industrias culturais galegas existen en réxime de autoemprego ou contan con menos de 10 traballadores. A atomización do sector, xunto coa pouca exportación dos produtos son as eivas do sector no que a crise se deixa notar, pero menos grazas á súa capacidade de adaptación, tal e como explicou Fasero  durante a presentación do informe.
Cultura