A versión máis feminina do Festival do Río Castro

A versión máis feminina do Festival do Río Castro

06 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Narahío, volve este sábado o Festival do Río Castro. Será a décimo oitava edición, a máis feminina musicalmente falando. O festival reune á xente de toda a comarca con gañas de disfrutar da mellor música galega con actuacións que durarán ata ben entrada a noite. O teatro ou os campionatos  de xogos populares, serán os que abran boca durante o día en San Sadurniño (A Coruña). Actuar&aacu

Ás cinco e media da tarde, o Teatro Ghazafelhos presentará a súa obra “Non é Espectáculo para Cabaleiros”. Arredor das seis e media empezan os que son toda unha institución no festival, os campionatos de xogos populares, que incluíran coma sempre, tiro da corda, serrado de tronzador, chave ou rá, nas que os participantes se xogarán levarse un premio para á casa.

Xa despois da cea, a iso das dez e media da noite, comezarán as actuacións musicais. A velada comezará da man da Escola de Música Tradicional do Concello de San Sadurniño, formado por gaiteiros, percusionistas, corpo de baile  e canto tradicional. Seguiráos o cuarteto feminino Habelas Hailas, de Compostela, e a banda TNT (Tanto nos Ten), de Redondela, para finalizar a noite coa tamén compostelá, Sacha na Horta. Para os que se lles faga pouco, a festa continuará na zona de acampada que como cada ano se habilitará na contorna do lugar.

O Festival do Río Castro naceu en 1994 coa intención de reivindicar a conservación do río que lle da nome a través de concertos e actividades. Organizada pola Asociación Veciñal  do Castelo de Narahío, este acontecemento abre cada ano a xira de festivais da comarca.

Cultura