As versións clásicas e contemporáneas de Lope de Vega e Shakespeare dánse cita en Lugo

As versións clásicas e contemporáneas de Lope de Vega e Shakespeare dánse cita en Lugo

28 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo acolle a partir deste domingo, 31 de xaneiro, e ata o seguinte, 7 de febreiro, a X Mostra de Teatro Clásico, organizada pola Concellaría de Cultura. ¿De cuando acá nos vino? de Lope de Vega inaugura da man da Compañía Nacional de Teatro Clásico o evento. O luns 1 de febreir

As seis obras teatrais que compoñen o ciclo achegarán á cidade ás mellores compañías do panorama nacional, entre as que figuran UR Teatro ou a Compañía Nacional de Teatro Clásico, entre outras. No ambicioso cartel están presentes os grandes mestres do teatro clásico europeo como Shakespeare ou Lope de Vega. Segundo confesou en Radiofusión a concelleira de Cultura de Lugo, Concepción Burgo, o obxectivo desta décima edición é “captar ao público mozo”.

As entradas están a venda a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500. O prezo establécese entre os 14 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados. Ademais pódense mercar bonos para as 6 funcións a 50 euros na zona A, 38 euros na zona B e 27 na zona C.

Cultura