A viaxe da leitura

A viaxe da leitura

11 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un neno de 7 anos nunha librería buscando e botandolle un ollo aos libros. Que esa estampa se volva habitual é unha das propostas de Paula Merlán para convertir aos nosos fillos en grandes lectores. Paula, veciña de Narón, ven de publicar o seu primeiro libro, o relato ilustrado “Esto no es una fábrica de sonrisas”. Non desbota a súa próxima publicación en lingua galega.

Trátase dun libro dirixido a nenos e nenas, pero que tamén propón unha reflexión ao público adulto, arredor dos camiños de búsqueda da felicidade. “Moitas veces está máis perto do que pensamos” afirma Paula Merlán, autora do libro ilustrado por Susana Rosique e publicado por La Galería del Libro.

Bioy Casares

“Pra alcanzar a morte, non hai vehículo máis veloz que o doce costume. En troques, se vostede quere vida e aventura, viaxe”. A cita é de Bioy Casares e nós recollémola da colaboración do escritor Bieito Iglesias na revista “Tempos Novos”. Iglesias fala dos coches e da mocedade. Afirma que “esas barcas de Caronte mercadas a prazos, son un símbolo de estatus e a medida de tódolos valores presentistas, ata o extremo de que a marca e o prezo dos popós de Cristiano ou Messi, envenenan os soños dunha xeración perdida de raudos mozotes.  A xuventude circula descentellada, antes en Montesas e Lambrettas e hoxe en carros de moitos cabalos de potencia funeral.”

Sociedade