Viaxe infrutuoso

Viaxe infrutuoso
05 de Decembro, 2023 - 04:36 h. | Publicada por Radio Fene

Fútbol feminino. Na Segunda Galicia, o Maniños viaxou o domingo a Cee pero o partido non se puido disputar. Suspendeuse, sen data de momento, debido ao mal tempo, como nos relatou o adestrador Juanjo Iñiguez, Cebolo

ESCOITA O PODCAST:

“O campo era impracticable”. Choiva e vento, as malas condicións meteorolóxicas levaron a tomar a decisión de suspender o partido cando o Maniños xa se atopaba en Cee. Queda pendente de fixarse a nova data. Mentres, o equipo céntrase esta semana en plantarlle cara ao líder, o Pastoriza que visita O Pote na próxima xornada.

Deportes

Publica o teu comentario agora