Victoria indiscutible

Monfero 1- Barallobre 5
10 de Febreiro, 2020 - 10:43 h. | Publicada por Radio Fene

O obxectivo de Oscar Varela é vencer os dous partidos que xogarán na casa porque aí están perdendo uns puntos que van necesitar.

ESCOITA O PODCAST:

Tamén gañou, e con folgura, o Barallobre na súa competición no campo do Xestal.  Monfero 1- Barallobre 5. Así acabou o encontro no que os de Fene foron moi superiores, cunha presión moi alta e moitas ocasións. Abríu o marcador Rubén no minuto 3 de partido e Reche marcou o segundo no minuto 20. Aínda marcaría outro o Barallobre e outro o Monfero, froito do relax dos do Ramo, segundo o técnico, Oscar Varela. O de Pereiro, xusto antes do descanso, fixo o 1-4. Na segunda parte o Barallobre saíu máis relaxado porque o rival tampouco creou perigo. Tras un corner, Pena tivo a última ocasión que entrou e fixo o quinto e definitivo tanto para o equipo do Ramo. (na imaxe, Pereiro, autor dun dos goles).

O próximo encontro xogase no campo do Ramo contra o San Sadurniño.

Deportes

Publica o teu comentario agora