Vigo e Ameneiro volven aos Alpes

Vigo e Ameneiro volven aos Alpes
23 de Outubro, 2023 - 06:00 h. | Publicada por Radio Fene

Edgar Vigo e Fátima Ameneiro corren a vindeira fin de semana nun rallye en Suiza. O tándem de Fene tomará rumbo aos Alpes esta tarde para competir no FIA European Rally Trophy. A competición, que será a sétima desta tempada por territorio europeo, desenvolverase na localidade de Martigny. Trátase do Rallye International du Valais. Foron moitos os galegos emigrados en Suíza que se puxeron en contacto co equipo para mostrarlle as súas ganas de volver verlles. Tamén Anibal cruzou os Alpes con elefantes e ao fronte das tropas de Cartago no ano 218 a.C.

Fotografía Xan Xe

 Nesta ocasión, o vehículo a empregar por Vigo e Ameneiro será o Renault Clio Rally5. O motivo de baixar do Peugeot 208 Rally4 ao Renault Clio Rally5 é principalmente orzamentario, xa que este vehículo é máis económico. Ademais, dada a regulamentación deste campionato de Europa, o competir cun vehículo inferior non significa que un leve menos puntos se é quen de obter un bo resultado de entre os coches similares ao seu. Desta forma, o equipo espera manter unha boa batalla coa pilota romanesa Catherine Radulescu, en 4ª posición do certame, xusto por detrás deles e de paso, dar o salto ao 2º posto da xeral do campionato, tras a sorpresa que se levaron ao non estar inscrito o equipo búlgaro que ocupa a 2ª praza, case empatados a puntos. 
“Hai 2 anos estivemos en Suíza e foi marabilloso sentir a calor da gran afección galega que nos animou e visitou na nosa estancia na súa terra de adopción. Nesta ocasión, o rallye celébrase nunha zona moi próxima e esperamos poder volver sentir a súa calor, xa que parece posible que nos atopemos neve nos tramos” indica Édgar Vigo.

“Continúo con pequenas molestias nas costas que non fun quen de curar completamente tras o rallye de Eslovenia. Espero que o frío que se espera non teña un efecto negativo sobre o meu corpo. No aspecto deportivo, totalmente enchufados para lograr sumar e mellorar a nosa clasificación e afianzarnos para a consecución do subcampeonato europeo” apunta Fátima Ameneiro.

Os recoñecementos levaranse a cabo nas xornadas do martes e mércores, o shakedown o xoves e a competición propiamente dita, ao longo do venres e sábado, momento no que se finalizará a proba.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora