Vigo si, Ferrol posiblemente

Vigo si, Ferrol posiblemente

16 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Pemex anuncia o encargo dun barco atuneiro e outros tres buques tanque ao estaleiro vigués Barreras. Ademais, ratifica a construción dun flotel na factoria e doutro en Navantia. Asegurouno en Vigo o coordinador de asesores da petroleira mexicana, Carlos Roa, no acto no que se formalizou a entrada da compañía no capital de Barreras.

Segundo Pemex, Barreras contará con barcos en grada xa no vindeiro mes de febreiro. Para Carlos Roa, o compromiso de PMI Internacional mantense para a construción dun flotel en Barreras. O outro buque-hotel somentes se construirá en Ferrol, se PMI Internacional obten o concurso aberto pola súa empresa matriz Pemex.

Sociedade