Vilalba retrocede ó Medievo durante a próxima fin de semana

Vilalba retrocede ó Medievo durante a próxima fin de semana

06 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A capital da Terra Chá vai dar un salto atrás no tempo nos próximos días. Vilalba acolle a súa tradicional Feira Medieval. Os prolegómonos comezarán o próximo xoves coa degustación de balde de tapas medievais que van ofrecer un total de dez establecementos hosteleiros da zona Campo de Puente ata o sábado.

O vindeiro sábado, 10 de xullo, Vilalba retrocederá nada mais e nada menos ca oito siglos. O casco histórico estará ambientado na dinastía dos Andrade lembrando a revolta irmandiña que culminou coa destrucción do castelo da localidade.

O primeiro día, sábado, haberá dende cacerías de xabarín e exposicións de cetrería ata exhibicións do Clube de Loita e Arqueiros da Chaira ou interpretacións de cantigas de cego e escarnio. Contra a noite representarase un xuízo medieval e un asedio á Fortaleza de Vilalba para rematar a xornada repoñendo forzas coa queimada, que será a partir das 9 e media.

Durante o domigo, ademais das actividades previstas para o sábado, a feira contará cun pasarúas medieval e con actuacións coma a da Asociación Xuvenil Entre lusco e fusco así como desfiles e diversas representacións relacionadas coa época. O punto e final desta volta ó pasado vilalbés vaino marcar o asedio dos Irmandiños á Fortaleza de Vilalba que estará dirixido polo Centro Dramático Vilalbés e a Escola Municipal de Teatro, e no que colaborarán diferentes asociacións da vila.

Sociedade