Virxinia Pereira procedía dunha familia liberal, segundo Montse Fajardo

Virxinia Pereira procedía dunha familia liberal, segundo Montse Fajardo
21 de Decembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Estrada

Virxinia Pereira nace nunha familia acomodada da Estrada. Ela era a sétima filla e logo virán tres varóns. “Danlle estudos ás fillas nunha época na que non era tan normal”. Pero era unha familia liberal. Virxinia adicase ao coidado do fillo e da casa, pero cando morre o fillo, hai un apoio mutuo na parella. Pásano moi mal e únense. Iso ten que ver co acompañamento de Virxinia a Castelao en xullo de 1936. Ían entregar o Estatuto de Autonomía e xa se escoitaban “tambores de guerra”.

Montse Fajardo

Se non tivera ido a Madrid con Castelao podía ter padecido cárcere como no caso de Josefina Arruti, a muller de Bibiano Fernández Osorio e Tafall. Ela quedou en Pontevedra, el foi a Madrid e non se puideron volver ver, segundo a xornalista e escritora Montse Fajardo. Despois da morte do dirixente do Partido Galeguista, Virxinia adicou a súa vida á defensa do legado material e intelectual do político republicano. A conversa con Montse Fajardo sobre o libro “ A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira” poderán escoitala este venres as once da mañá no clube de leitura, na Fenestra de Radio Fene.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora