Vivencias

Fene lendo mulleres, un maratón que cumple 17 anos
13 de Marzo, 2019 - 12:37 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene conmemora este mes o Día da Muller con teatro, cine, exposicións, lecturas e debates. A concelleira de Benestar Social, Juana Barro, avanzou que os actos arrancan este venres 15 de marzo co XVII Maratón de lectura “Fene lendo Mulleres” e a exposición “As mulleres alimentan o mundo” así como unha mesa de experiencias coa participación de cinco mulleres fenesas de diferentes profesións. Os actos continuarán o venres 22 cun cinefórum e o venres 29 cunha obra de teatro.

ESCOITA O PODCAST:

O Concello de Fene conmemora na segunda quincena de marzo o Día Internacional da Muller e, amais dos obradoiros en centros educativos, a programación deseñada incluirá toda unha serie de actos como exposicións, obras de teatro, cine, lecturas e debates.

Este venres 15 de marzo a Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé albergará, dende as 9 e ata as 14 horas, a XVII edición do Maratón de lectura “Fene Lendo Mulleres" coa participación dos centros escolares.

As instalacións da Casa da Cultura serán tamén escenario da mostra “As Mulleres alimentan o mundo” sobre comercio xusto, que poderá visitarse desde esa mesma xornada.

A partir das 19 horas, no salón de actos da Casa da Cultura celebraráse unha mesa de experiencias e debate, baixo o lema “Mulleres Traballadoras. Vivencias” e nela tomarán a palabra a pediatra xubilada recentemente, Josefa García Santiago (Fefa); a traductora Olga Santiago Pérez; a panadeira Manuela Carneiro Fernández, a mediadora de seguros Amalia Botas Lamas e a xove e premiada matemática Erica Diz Pita.

(Foto, debuxo de Pinto&Chinto 2017)

Institucional

Publica o teu comentario agora