Vivir con cancro

Vivir con cancro
18 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Normalizar ao enfermo de cancro. Cremos que é parte do tratamento”. Con ese propósito desenvólvese en Fene o proxecto Innova Saúde para persoas afectadas por cancro no que colaboran o centro MasSalud, que dirixe Camilo Prieto, e o centro Kinesalus, dirixido polo psicólogo e graduado en Ciencias do Deporte José Barcia Tuccelli. É unha intervención integral que atende aspectos como a educación física, fisioterapia, alimentación e psicoloxía, segundo explicaron en Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:

“O proxecto empezou hai un par de meses e xa temos os primeiros doentes”, explica Camilo Prieto que destaca a importancia da práctica de exercicio físico para mellorar a fatiga oncolóxica e minimizar as secuelas da falta de movemento das persoas diagnosticadas de cancro, “un enfermo que tende a ocultarse”. “A educación física non é sinónimo de deporte. O exercicio é a polipílula, non hai mellor intervención é unha ferramenta clave”. “Saír da casa, volver á socialización” son decisivos. Igual que coidar o aspecto nutricional e os hábitos alimentarios. O estado anímico condiciona todo na nosa vida. Tamén, loxicamente, inflúe no benestar e a recuperación dos doentes de cancro. José Barcia destaca a importancia de controlar o estres tanto para a prevención como no tratamento. Cando nos diagnostican unha enfermidade como o cancro súfrese “unha especie de suma ni de emocións, é importante axudarlles a reconstruír a súa coticianidade”. Para as familias é importante “aprender a convivir coa diagnose”. Temos propostas individuais e tamén grupais, indica.

Sociedade

Publica o teu comentario agora