A voltas co punto limpo de Vilar do Colo

A voltas co punto limpo de Vilar do Colo

12 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, declarou sentirse abochornado diante dos outros concellos da comarca polo rexeitamento da oposición de Fene á xestión mancomunada do Punto Limpo de Vilar do Colo. PSOE, BNG e EU escudáronse no pleno nos informes técnicos negativos. Galego vai solicitar agora un informe xurídico á Xunta de Galicia para estudar as fórmulas de posta en marcha do servizo.

Gumersindo Galego calificou a postura dos grupos feneses de incríble, cando nos concellos de Cabanas, Mugardos e Ares os seus mesmos partidos non puxeron pega algunha, e aprobaron a cesión da xestión á Mancomunidade.

O alcalde demandou á delegada provincial da Xunta de novo a cesión da vella estrada que vai dende a estrada da Palma ata o campo de fútbol en Barallobre, pero unha cesión coa estrada en boas condicións co aglomerado e a construcción de beirarruas ata o colexio, segundo Gumersindo Galego. O primeiro rexedor non pechou a porta á adquisición do cine Adriano nun futuro, sempre condicionado a que legalmente teña os papeis en orde.

Sociedade