Voluntarios e solidarios

Voluntarios e solidarios

11 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Voluntarios procedentes da Asociación Grupo Diversidad Funcional de Ferrol e Comarca e da Asociación Sociocultural de Minusválidos, forman parte  do grupo de 25 persoas que participarán no Curso de Voluntariado e Acompañamento Social que se impartirá mañá na Casa da Xuventude do Concello de Ferrol. As xornadas que se desenvolverán ao longo de todo o día abordarán proxectos, áreas de intervención e técni

A Oficina Municipal de Voluntariado recibiu perto de 40 solicitudes para participar neste curso promovido pola Concellería de Benestar Social e Solidariedade de Ferrol

O curso de voluntariado abordará un primeiro achegamento a orixe e evolución do voluntariado, o sentido, valores, motivación e perfil das persoas voluntarias.Estudirán tamén o marco normativo do voluntariado e os ámbitos e áreas de intervención, así como as posibilidades de participación, detección das necesidades, programas, tarefas, actividades, perfil e funcións do voluntariado no acompañamento social. Finalmente, trataránse as habilidades para a comunicación e para a relación.

Dende o goberno municipal de Ferrol impulsouse o servizo municipal de voluntariado creando para este fin a Oficina Municipal de Voluntariado. A oficina é un servizo de información, asesoramento e formación a disposición de todas as iniciativas sociais que se poñen en marcha na cidade. Actúa como oficina de intermediación e colaboración entre as entidades de acción social e persoas voluntarias e viceversa. Xestiona tamén un voluntariado propio que sirve de apoio aos proxectos de intervención municipal. Para facerse voluntario basta con achegarse a este edificio social e facer a inscripción para participar nos programas de acompañamento social.

Sociedade