Volven os Cempés ou cincuenta

Volven os Cempés ou cincuenta

23 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Cempés volven. Logo do seu retorno ao circuíto de concertos cunha nova formación, o coñecido grupo folk. Os Cempés anuncian a gravación dun novo disco. Catro anos despois da súa despedida, a banda conta cunha formación na que se manteñen Serxio Ces, Antón Varela e Óscar Fernández e á que se incorporan Pablo Dalama, Ramón Dopico e Fernando Barroso.

Cun son máis acústico, no que cobrarán importancia a zanfona e o bouzouki, os músicos están a ensaiar dez novos temas que farán parte do seu disco do retorno. Está previsto que as sesións de gravación comecen o vindeiro mes de decembro, e os membros do grupo toman como referencia do seu son Circo Montecuruto. A banda pretende financiar este proxecto recorrendo ás contribucións dos afeccionados. 

Sociedade