Volvendo á normalidade

Volvendo á normalidade
01 de Xuño, 2020 - 11:02 h. | Publicada por Radio Fene

O CCRD de Perlío vai retomando a normalidade coa apertura da cafetería, pistas de tenis e da esplanada. Non desbotan facer algunha celebración para os socios unha vez que avancemos nas fases da desescalada.

ESCOITA O PODCAST:

O CCRD de Perlío abriu a cafetería e a esplanada ao público. En breve abrirá tamén a esplanada que dá ao parque para gozo dos socios e acompañantes. Tamén están funcionando as pistas de tenis. Desta maneira o Casino de Perlío vai volvendo á chamada “nova normalidade” en palabras da responsable de Cultura da sociedade. Mariola Hermida informa que están pendentes da seguinte fase na que entraremos a próxima semana para estudar que se pode facer no capítulo cultural e festivo de cara ao verán. Non descartan facer unha sardiñada ou o que se poida, para compensar aos socios pola súa paciencia. En tempo de confinamento o CCRD de Perlío ofreceu cine e teatro gratuíto na súa páxina web e está a reformar o local para habilitar un espazo de exposicións.

Mariola Hermida é profesionalmente técnico especialista de laboratorio no Arquitecto Marcide, así que estivo moi cerca da crise sanitaria da Covid19. “Ao principio vivímolo con moita preocupación. Agora estamos volvendo á normalidade, retomando as consultas nas especialidades” afirma Mariola quen veu como no laboratorio onde facían as PCR dobraban quendas e tiñan moitísimo traballo.

Como poeta que é, Mariola Hermida ten ideas gardadas na mente do que foi este tempo de pandemia, pero a preocupación polos seus impediulle escribir nada. “Estar coa familia foi o que máis me importou. O resto quedou para despois. Escribirei algo agora que estou máis tranquila” afirma a autora de “Zurcindo latexos”.

Cultura

Publica o teu comentario agora