Voto Laura

Voto Laura
09 de Xuño, 2023 - 11:19 h. | Publicada por Radio Fene

Laura Sánchez é unha nova promesa da música galega. Esta veciña de Ferrol, de Caranza, representa ás Terras do Eume no concurso Recanteiras do programa Luar da Televisión. Conversamos con ela no programa A Fenestra de Radio Fene.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Vou dalo todo e pido o voso apoio esta noite”, sinalou Laura, moi agradecida ao seu club de fans. “Dou as grazas por tantísimo apoio e desde aqui mando un bico enorme a Voto Laura, o meu grupo de apoio de Facebook, é como un club de fans ao que cada vez se une máis xente e sen eles non podería estar aquí”. A eles sumouse, a través de Radio Fene, outra ferrolá que tamén foi recanteira das Terras do Eume, Irene Amador. Interviu no programa para desexarlle boa sorte esta noite e animala a gozar da experiencia, pase o que pase. 

O apoio popular é decisivo no concurso. Por iso, Laura Sánchez anima a toda a veciñanza da comarca a ver a súa actuación e a votar por ela. Está xa na quinta fase e esta noite, a partir das doce e media, actúa interpretando dúas cancións, unha en solitario e outra a dúo. Pódese votar por ela chamando ao 988 600 682 -son válidos cinco votos desde cada teléfono, fixo ou móbil- e tamén a través do whatsapp ou das contas de Facebook e Twitter do programa. Laura Sánchez agradece a súa familia e amigos todo o apoio que lle dan e o mobilizados que están. 



 

Sociedade

Publica o teu comentario agora