A Vuelta pasa o día 10 por Fene procedente de Ortigueira

A Vuelta pasa o día 10 por Fene procedente de Ortigueira

08 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha das consecuencias do paso da Vuelta Ciclista a España por Fene - A Coruña- será que os centros escolares, que inician o mesmo día o curso escolar, adiantarán o horario de saída do centro para que o transporte escolar non se vexa interrumpido. Así que fixaron a saída entre as 12 e 12,30 h A Xunqueira, Centieiras e Jorge Juan, e o mesmo farán O Ramo de Barallobre e Os Casais de Maniños, segundo nos confirma o xefe da Policía

A serpe chegará procedente de Ortigueira entrando pola ponte das Pías e discurrindo despois pola Avda Marqués de Figueroa e a estrada da Palma. O pelotón continuará, aínda no término municipal fenés, pola parroquia de Limodre en dirección a Pontedeume. O paso da serpe multicolor afectará ao tráfico nesas estradas á hora na que pasen os ciclistas. En teoría entrarán en Fene, segundo o xefe da policia local, Xoan Sanmartín, ás duas e 24 minutos, pero iso é relativo, podendo adiantarse ou retrasarse.

Un dos consellos que dá a policia minicipal diante do paso da Vuelta por Fene é que o público respecte ubicarse nas beirarrúas e, moi importante, que non leven as mascotas con eles, para que non ocurra ningún incidente, nin aos corredores nin ao  público.

Sociedade