Welcome to sing sing, un libro cosmopolita

Welcome to sing sing, un libro cosmopolita
21 de Novembro, 2019 - 11:49 h. | Publicada por Radio Fene

Un libro cosmopolita en palabras de Daniel Salgado. Welcome to Sing Sing nace das lecturas de Elvira Ribeiro. “Hai unha vontade de fuxir das liñas principais da poesía galega porque boa parte da literatura soa moi parecida” afirma a escritora. O volume inclúe poemas en prosa, estilos e temáticas diferentes. “Siberia funciona como meta-texto ao que se fai referencia nas outras dúas partes do libro” salienta Ribeiro.

ESCOITA O PODCAST:
Elvira Ribeiro no club de lectura de Radio Fene Radiofusión

Andar ao leu e Arxilosa foron os primeiros libros de poesía publicados por Elvira Ribeiro. Foi no 2005. O seu último volume Welcome to sing sing, veu a luz en 2017 da man de Editorial Barbantesa. Falamos da poesía de Elvira Ribeiro no club de lectura de Radio Fene Radiofusión con Tatty Lavandeira, Eduardo Estevez, Daniel Salgado Henrique Sanfiz e Elvira Riveiro. A autora combina na súa poesía o eloxio do artesán de Arxilosa, o enxeñoso ludismo de Palabras brancas e o erotismo costeiro dos Carnia Haikai. “Desconfianza do relato, baleirado de ego, vitriólico humor, todo isto está aquí nestas páxinas xélidas que arden” afirma Rexina Vega no prólogo do libro “Welcome to sing sing”.

Cultura

Publica o teu comentario agora