X Mostra de curtas no Ateneo ferrolán

X Mostra de curtas no Ateneo ferrolán

15 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Ateneo ferrolán fomenta a creación e divulgación de curtas por décimo ano consecutivo. Os días 22 e 23 de decembro de 2010, no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, levaranse a cabo ás X Xornadas de Mostra de Curtametraxes. Celebraranse no Torrente Ballester, a causa das obras que se levan a cabo nas instalacións do Ateneo.

Neses dous dias, vísperas do nadal, amosaránse curtametraxes e creacións de cineastas, case sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas .

O obxectivo é dar a coñecer ao público a calidade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente da divulgación e a produción de curtametraxes. O Ateneo fai un chamamento aos creadores, a participar nas Xornadas  achegando os seus traballos (máx. 30') en formato DVD e preferentemente en lingua galega, acompañados da ficha cumprimentada. Hoxe, día 15 de novembro é o último dia para poder incluílos ao programa deste ano.

Sociedade