Xa está en marcha o Antroido Infantil de Xermade

Xa está en marcha o Antroido Infantil de Xermade

10 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os disfraces, as bromas, e a xoldra para os cativos ocuparán o seu lugar durante o Antroido Infantil organizado polo Concello de Xermade entre o sábado 13 e o martes 16. Tódalas tardes de 16.00 a 19.00 horas no Pavillón Polideportivo da vila chairega os nenos desfrutarán de diferentes actividades para pasar un bo carnaval.

O sábado 13 os pequenos aprenderán  a traballar a gomaespuma, mentres que os contacontos serán os protagonistas do domingo 14, xa que Anxo Moure impartirá un obradoiro de creación de “árbores atrapadoras de contos”, ademais de ilustralo narrando historias do seu repertorio particular. As risas serán o leit motiv do luns 15 cos Obradoiros de Risoterapia e Sombreiros tolos. Por último, o martes de Antroido haberá tempo para traballar coa Goma eva e unha boa festa de despedida.

 

Os nenos deberán levar merenda os tres primeiros días. Aqueles que se queiran apuntar a estas actividades, que son gratuítas  poderán facelo na antiga cámara agraria ou chamando ao teléfono 982 50 11 08 ou tamén ao 678 744 178.

Sociedade