Xavier Vence: “O sector naval é vítima do desleixo do PP”

Xavier Vence: “O sector naval é vítima do desleixo do PP”

01 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O sector naval galego é vítima do desleixo da Xunta de Galicia e do goberno central, segundo o portavoz nacional do BNG Xavier Vence. O catedrático da Universidade de Santiago tamén apunta á carencia dunha estrutura financeira galega que poida acompañar aos estaleiros na contratación de buques.

Para Xavier Vence, sen un tratamento fiscal favorable a construción naval non funciona en ningunha parte do mundo. O dirixente do BNG indica que os buques flotel de Mëxico ao remate ao mellor quedan en 2 planeadoras. Lembra Vence que Núñez Feijoo anunciou hai 1 ano a construción en Galicia de 14 remolcadores, logo confirmou a contratación de quimiqueiros, buques –flotel e a entrada de PEMEX no campital de Barreras. Para Xavier Vence, o presidente da Xunta denota frivolidade, e unha estratexia de propaganda irresponsable.
Xavier Vence critica os continuos anuncios do titular do executivo a quen acusa de faltarlle ao respecto aos traballadores dos estaleiros, á cidadanía e ao conxunto do sector naval. Fanse anuncios por gañar un feixe de votos, sen ter ningunha confirmación, manifesta o dirixente do BNG.

Sociedade