Xavier Vence presenta en Fene unha proposta para o Naval

Xavier Vence presenta en Fene unha proposta para o Naval

24 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG de Ferrolterra celebra mañá venres dia 25 unha xornada de traballo de ámbito comarcal para debater a situación crítica do sector naval da ria e, nomeadamente, as diferentes propostas que a organización vai desenvolver de inmediato dirixidas a abordar con carácter prioritario esta cuestión na axenda política, tanto no ámbito institucional como a nivel social. Asisten á xuntanza en Fene, o protavoz nacional, Xavier Vence e

O encontro – que ten un carácter interno – vai abordar con carácter prioritario a proposta que xa avanzou o portavoz nacional, Xavier Vence, no acto público celebrado en Ferrol o pasado dia 11, cando lanzou a proposta de segregar os estaleiros da ria e crear unha empresa pública galega da construción naval; enmarcada na defensa do sector como estratéxico e das posibilidades que abriría o dispormos de capacidade de decisión para desenvolver o mesmo.

O encontro de traballo desenvolveráse mañá venres dia 25 de Outubro a partir das 5 do serán na Casa da Cultura de Fene  e no mesmo, ao marxe da militancia do BNG comarcal, estarán presentes Xavier Vence, Francisco Jorquera e Rosana Pérez.

Sociedade