A xeración De amor e desamor celebra o seu vixésimo quinto aniversario cunha gala na Coruña

A xeración De amor e desamor celebra o seu vixésimo quinto aniversario cunha gala na Coruña

17 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle esta tarde a gala do vixésimo quinto aniversario do colectivo poético De amor e desamor. Diversos integrantes desta xeración - como Manuel Rivas, Lino Braxe, Miguel Mato ou Xosé Devesa, entre outros- participarán no acto no que tamén se presentará un libro-cd homenaxe.

De Amor e desamor naceu na Coruña no ano 1984 co reto de mudar o rumbo da poesía galega. Os seus integrantes diferenciábanse no seu estilo e seguiron camiños diversos, pero un cuarto de século despois entenden que cumpriron o seu obxectivo común. Así o declarou a Radiofusiòn un dos fundadores do colectivo, Miguel Mato, quen entende que, tanto desde posturas rupturistas como continuístas, conseguiron aportar novas ideas á literatura do país.

A asociación cultural Alexandre Bóveda organizou durante todo o ano actividades para lembrar o vixésimo aniversario desta xeración literaria. Unha programación que ten o seu punto culminante no acto que se celebra, ás oito e media desta tarde con entrada de balde, no Teatro Rosalía.

Sociedade