A Xeración Retranca expón no Museo do Humor

A Xeración Retranca expón no Museo do Humor

30 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Museo do humor de Fene - A Coruña- acolle no mes de outubro a mostra de humor gráfico "Xeración retranca", promovida pola Concellería de Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña. A mostra recolle orixinais de destacados humoristas galegos que formaron parte do elenco de autores que publicaron na revista Retranca entre os anos 2007 e 2011. A exposición “Xeración Retranca” permanecerá aberta ao público

Salientan nomes como Kiko da Silva, Pinto&Chinto, Leandro, Andrés Meixide, Miguelanxo Prado, Alberto Guitián, Luis Davila, Fernando Iglesias "Kohell" ou José Antonio "Bernal”, xunto cos clásicos do humor gráfico galego como Xaquín Marín, Siro López e Xosé Lois “O Carrabouxo”.

A maiores, a exposición compleméntase cunha colección de paneis nos que se da conta da historia desta singular revista, fundada en Vigo en outubro de 2007 polo debuxante Kiko Da Silva. Neles, os visitantes poderán facer un seguemento dos principais temas tratados en Retranca, coñecerán aos autores (debuxantes, escritores, xornalistas, etc.) que participaron no proxecto así como á súa mascota, deseñada polo propio Kiko Da Silva.

Sociedade