Xermade pon en marcha o IV Campamento Rural de Verán

Xermade pon en marcha o IV Campamento Rural de Verán

15 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Concello de Xermade puxo en marcha a IV edición do seu Campamento Rural de Verán para rapaces de entre os 3 e os 16 anos. Esta iniciativa  desenrolarase entre o 3 e o 14 de agosto en horario de mañá, de 10.30 a 14.00 horas. Este ano contará con actividades centradas na reciclaxe, xunto con obradoiros ou deportes.

Así, o persoal encargado dos campamentos levará a cabo diferentes xogos que faciliten o fomento da reciclaxe entre os cativos, sen esquecer os deportes como o bádminton, os xogos populares e con auga, as olimpiadas, ademais da realización de cadros de area ou un obradoiro de prensa. Outra das actividades programadas serán unha saída ao parque acuático de Cerceda e a Malpica os días 4 e 8 de agosto respectivamente. En ambos días voltarase contra as 20.00 horas.

 

 

O Campamento de verán é totalmente gratuíto e aqueles que se queiran inscribir poderano facer nos teléfonos 982 50 11 08 ou 678 744 178.

Sociedade