A XI Feira do mel e productos ecolóxicos chega o domingo 30 a Narón

A XI Feira do mel e productos ecolóxicos chega o domingo 30 a Narón

27 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Organizada polo Concello de Narón, Aldea Nova, e a  colaboración da Asociación Gallega de Apicultura, chega este domingo á comarca a Feria do Mel e os Productos Ecolóxicos na sua undécima edición.
As instalacions municipais da Feria do Trece albergarán a máis dunha treintena de productores ecológicos chegados de todolos recunchos de Galicia, que exhibirán e venderán verduras, legumes, froitas, lácteos,

A feira desenvolveráse entre as 10 e as 14 e as 16 e 20 horas do domingo nunha nave gandeira do Trece. Ao longo dese tempo os visitantes poderán disfrutar a cuberto da rica oferta dos puestos de venda e dunha degustación de queixo e pan ecológicos con mel da zona.

Como en edicions anteriores, tamén habrá un espacio especialmente destinado á formación dos apicultores, con tres interesantes charlas impartidas por destacadas figuras de talla internacional. As xornadas do mel celebraránse o venres 4 dende as 6 da tarde e o sabado 5 de novembro, dende as 10,30 da mañán.

Con estes ingredentes, a Feria pretende un ano máis converterse nun escaparate para os productores ecolóxicos galegos, e nun referente para o crecente número de compradores que demandan productos que compatibilicen propiedades organolépticas superiores e alimentos máis saudables, no marco dun desenvolvemento sostible e respetuoso co medio ambiente.

Sociedade