Ximnasia para todos

O concello organiza clases de ximnasia gratuitas ó aire libre
30 de Xullo, 2019 - 09:58 h. | Publicada por Radio Fene

O mes de agosto, no paseo de San Valentín

Dende o 1 ao 30 de agosto o concello de Fene trae ó paseo marítimo de San Valentín, ximnasia ao aire libre. As clases terán lugar os luns, mércores e venres, de 9:30 a 10:30, e no caso de choiva trasladaranse ó interior do pavillón da Xunqueira.

A actividade busca axudar a manter ou mellorar a condición física en xeral, a coordinación motriz, a flexibilidade ou a resistencia aeróbica. Todo iso pasando un rato agradable en grupo. A ximnasia está destinada a persoas de todas as idades. A participación e libre e gratuita.

Deportes

Publica o teu comentario agora