Xogando ao despiste

Xogando ao despiste
11 de Agosto, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A escritora e xornalista Rosa Aneiros retoma a narrativa para público adulto cunha novela que leva por título Sibila. Nesta obra, editada por Xerais, nada é o que parece ou pode ser que si.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

“Tiña moitas ganas de xogar ao despiste. Xogar coas persoas lectoras de levalos por un camiño e acabar noutro. Esa é a idea que me levou a construír un inicio de novela que está cheo de néboa. Non tes moi claro nin que é a illa, nin por que vas a illa. Quería crear esa sensación de perda, de a onde me está levando esta muller? Que espazo é este? Ese desasosego que tamén ten a propia Sibila”, explica Rosa Aneiros no clube de lectura de Radiofusión. A historia ten lugar nunha illa onde “a supervivencia como ser humano e como especie é a temática fundamental desta obra. A supervivencia do territorio e do que somos e como conseguir non estar abocados á extinción” conclúe a escritora.

Cultura

Publica o teu comentario agora