Xogando con vento

Xogando con vento
07 de Febreiro, 2023 - 02:22 h. | Publicada por Radio Fene

“O vento foi clave, combinar por arriba era imposible porque freaba o balón. As xogadoras fixeron un esforzo grande”. O Perlío volveu de Cedeira con un punto no peto tralo partido contra o Discalzas. Empate a uns (1-1) este domingo no municipal do Beco. O adestrador, Carlos Carballo, Vinky, amósase satisfeito, sobre todo polo traballo do equipo

ESCOITA O PODCAST:

“Fixeron un esforzo grande, era un partido complicado no campo delas, estivo moi condicionado polo vento e volviamos estar xustas de xogadoras, estou moi contento, sobre todo polo traballo delas”, declarou a Radio Fene o técnico do Perlío. “Na primeira metade tiñamos o vento a favor, saímos claramente a polo partido, marcamos un gol no 17’ pero non rematamos cun segundo gol que nos dera tranquilidade e na segunda metade, co vento en contra, o equipo defendeu ben, pero nun córner rematado de cabeza imparable fixeron o empate”, detalla. “Polos méritos dos dous equipos foi xusto”, remacha.

Deportes

Publica o teu comentario agora