Xosé Manuel Beiras asiste á presentación da ANF

Xosé Manuel Beiras asiste á presentación da ANF

28 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O líder do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, acude este xoves 31 de maio, á presentación da Asemblea Nacionalista de Ferrolterra. O acto celebrarase no C.C. Carvalho Calero ás 8 da tarde, e contará ademais coa presencia de Xoan Bascuas e, como anfitrión actuará o ex alcalde de Fene, Xosé María Rivera Arnoso. Un acto aberto ao público en xeral que rematará cunha cea posterior en Fene, coa participació

Memoria histórica no CPS de San Valentín.

O venres 1 de xuño, o Auditorio do CPS de San Valentín acolle unha charla sobre a Memoria Histórica. Falará ás 19,30h o profesor da Universidade de Montana (EEUU) John Thompson; sobre o Monumento á memoria histórica de San Valentín. Intervirá tamén o autor da novela “Polos fillos dos fillos”, Xosé Manuel Sarille. Presentará o acto, o director de Radio Fene, Henrique Sanfíz.

Sociedade